Avisos
Vaciar todo

Emisora o walki?

23 Respuestas
4 Usuarios
0 Reactions
2,205 Visitas
(@oscarTT)
Registrado: hace 16 años
Respuestas: 311
 

eu primeiro tiven un alan 78 plus e despois unha president taylor III e anduven 1 ano con ela posta a diario sin licencias nin nada de nada. Iba todos os dias a santiago a traballar e de marcha a Santa Comba os sabados... E nunca me dixeron nada eso que me pararon muitas veces.

Con decirche que lle fixen 32.000 km o meu series en 1 ano e nunca me dixeron nada nin os de trafico nin os da itv. Podeslle preguntar a RAMPAR, JACOBO, OSITO...

Un saludo



   
ResponderCitar
(@Atugado)
Registrado: hace 17 años
Respuestas: 97
 

Eu teño un kenwood ts 50, xa ten tempo pero funciona de maravilla, normalmente levo un bi-banda de yaesu e estou moitas veces polo R0-R2

Hola discoverete, escribeme a ea1ieu (@) yahoo.es que no soy socio y por lo tanto no puedo enviar privados.



   
ResponderCitar
(@asturcon)
Iniciado en LR Socio
Registrado: hace 17 años
Respuestas: 212
 

Como ben di algún compañeiro, hai que distinguir entre os diferentes tipos de emisora e/ou talkis. A normativa agora memso está en que o que tes que " legalizar"  é o que fala polo aparato. Antes legalizabas tamén os equipos.

A legalización en radio CB  ( banda ciudadana ), tamén chamada 27. Supón pagar as tasas en telecomunicacións ( creo que uns cento e pico de euros e creo que renovandoo xusto antes que caduque, ós 10 anos quedache para sempre). A potencia de saída legal non pode ser de más de 5 w. Emisoras e talkis.

No apartado de 144-146 mz en VHF ( tamén chamado 2m) é o mesmo que o anerior, creo que as tasas son moi parecidas pero ademáis tes que superar un examen. Superado este e pagando as tasas danche un indicativo có que tes que entrar nas frecuencias destinadas. A potencia dos talkies so ser de 4 w pero as emisoras de base ( ou movil vehiculo) soen sair con 55, 60w e están completamente homologadas.

Despois están os pmr que son sen licencia, que andan todos por 0,5 w e que funcionan en UHF  ( 440 e pico creo). Colleríamolos se compramos equipos dos anteriores que que sexan bibanda ( VHF/UHF). O alcance dos pmr por suposto é moito menos, así comoa  calidade de emisión e recepción.

A ventaxa dos equipos de 2 metros é a calidade da comunicación e tamén o alcance xa que a través de repetidores públicos instalados podes acceder a lugares moi distantes. Unha boa emisora de 2 metros instalada nun vehiculo con antena no teito ( primeira opción) ou no centro do capot ( 2º opción) ten unha moi boa calidade de comunicación ( tamén hai moita diferenza entre marcas de aparellos.

En Radio CB ( 27 mhz) as emisoras son moito máis economicas ( que non os talkis) e funcionan máis a traves de propagación. Eu teño feito contactos cn estas emisotas có reino unido con moita propagación e tamén non chegar a 5 km con pouca. A calidade da comunicación é peor que en 2m e o ruido moito maior. Non soen existir repetidores nestas frecuencias ( eu non os coñezo).

Lembra que hai accesorios en tódolas marcas que che permiten colocar antena de base, micro de base, pinganillo..etc  en calquera talki e que podes pola mesma facer dun talki unha emisora en moitas cousas. Pero a calidade sempre vai ser mellor nun equipo de base.

Espero ter axudado algo. Unha aperta.



   
ResponderCitar
discoverete
(@discoverete)
Entendido en LR Registered
Registrado: hace 18 años
Respuestas: 1376
 

Unha pequena pero importante aclaracion, os repetidores da banda vhf-uhf, non son publicos, son dos radioaficionados que os instalan, en moitos casos a URE union radioaficionados de España encargase da instalacion, etc etc, os equipos antenas , baterias , caseto,mais torreta e factura de electrcidade pagano os usuarios, o estado so cobra taxas
En vhf creo recorda co maximo eran 50w ,na banda de Uhf operase moi pouquiño , non e que sexa mala , no ai qrm, pero opera pouca xente



   
ResponderCitar
(@asturcon)
Iniciado en LR Socio
Registrado: hace 17 años
Respuestas: 212
 

Moitas grazas pola aclaración Discoverete. Efectivamente os repetidores non son públicos, expreseime mal. O que quería dicir é que se podía acceder a eles. En canto a potencia máxima en 144-146 non che podo dicir seguro, eso si, eu teño unha emisora no coche de 55 w Yaesu homologada sin nengún problema e sei que as hai con algo máis de potencia homologadas para este pais do mesmo xeito.
Un saúdo



   
ResponderCitar
discoverete
(@discoverete)
Entendido en LR Registered
Registrado: hace 18 años
Respuestas: 1376
 

Botalle unha ollada a ista paxina http://www.ea1uro.com/index2.html
Esta moi ben feita e con moitisima informacion , agora o que temos que facer e sair o aire e recuperar a radioaficion ¿ tes indicativo ?.
Eu chegolle o R0-R2 sen problema



   
ResponderCitar
(@Atugado)
Registrado: hace 17 años
Respuestas: 97
 

Hay varios equipos de base que salen con 100 W. en VHF, Icom IC-910, Kenwood TS2000.......



   
ResponderCitar
(@asturcon)
Iniciado en LR Socio
Registrado: hace 17 años
Respuestas: 212
 

Si, si, teño indicativo. EA1GGA. Se che digo a verdade...que non sei nin onde están os repetidores  jeje , pero beuno, poñereime ó tanto e un dia facemos un QSL.
JAU.



   
ResponderCitar
Página 2 / 2
Compartir: