Forum
paseo por costa da morte
Se vides pola costa da morte avisade. Por aqui hai un par deles que coñecen moi ben moitos camiños. Xa procurarei entrar máis a miúdo por aqui para ler o tema. Jauuu
Compañeiro Asturcom, e un tema a traballar nel, eu tamen coñezo algo a costa da morte e podemos facer unha rota turistica por que pistas complicadas no ai ,eso si paisaxes espectaculares os que queiras .
Fai pouco fun pescar a Camelle e buscando o xeito de achegar o coche o mar descubrin unha pista que te leva a praia de Traba , realmente val a pena ir por ela.
Coñezo moi ben dende Muros ata Camelle- Traba, con isto xa temos unha boa etapa,
O que si estaria tamen ben e facer unha pola zoa de taramundi- santa eufemia de oscos- fonsagrada,
Por certo de que parte de Asturies es, ainda que escribindo en galego supoño que do occidente
Son asturiano, da cuenca do Nalón, pero amigo...levo 21 anos vivindo en Carballo de Bergantiños. A etapa de Laxe a Camelle recoméndovola moito, pero a pé e pertiño da costa. Traba de Laxe e a lagoa teñen unha riqueza natural importantísima, digna de patear e ver pegadas no chan. Despois dende a praia do Trece e a duna en rampa, cemiterio dos ingleses ata cabo Vilán ( a foto máis bonita da costa da Morte para min) xa non queda outra que pistear e son algo aburridas para camiñar. Coñezo algunha zona tamén para meterse en camisas de once baras. Aínda que ás veces eu son partidario de saber deixar o coche para poder aprender algo máis e disfrutar. Jau.
