Hoxe estiven a ler os posts referentes á publicación das contas do clube e quedeime cá sensación de que nos estan a roubar cartos (espero estar trabucado e que todo se aclare axiña) e quitáronseme as poucas ganas que tiña de renovar este ano como asociado.
Logo diso voltoume á cabeza unha idea que tanto Alfonso come eu tantas veces temos falado. E preciso crear, igual que fixeron os valenciáns, un grupo de landroveiros totalmente independente (coma eles pero sen ter absolutamente nada que ver co clube landroveiro dos españois) e ter un punto de encontro na internet propio. Eu ofrézome a preparar a web (aloxarase nun servidor gratuito, e contará con foro --> custo = de balde).
Ademáis eu creo que non precisamos para nada deste clube. Seguiremos a facer as nosas reunións, as únicas nas que coincidimos sempre todos. Seguiremos pasandoo igual de ben nas xuntanzas e comendo as nosas churrascadas logo de facer o que nos gusta: disfrutar da natureza e dos nosos coches e estar na compaña de amigos landroveiros (e por suposto tamén dos non landroveiros).
Por certo, que se estou a escribir isto aquí en trocas de enviarvos un mail un por un é, máis que nada, para amortizar os trinta euros que paguei.
Buf!, parece que coa quentura de sentirme roubado afloraron os meus sentimeiros landroveiro-independistas
En fin, quedou dito.
Espero poder falar disto en persoa con todos o dia trinta, ó tempo que disfrutamos dunha boa comida de campo entre amigos.